Taboleiro
|
1. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico.
A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, presentan o proxecto: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio
Obxectivo do obradoiro: Achegar as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural partindo de conceptos clave como son: a agroecoloxía, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, a cooperación e a soberanía alimentaria.
Un total de 9 obradoiros de sensibilización e formación en diferentes concellos* das catro provincias galegas a través dos que achegar á mocidade as oportunidades éticas e socialmente responsables de emprendemento económico que ofrece o noso rural.
O primeiro obradoiro e foi todo un éxito de participación e ideas! Non deixes escapar a oportunidade de asistir ao terceiro que se celebrará en Redondela os días 22 e 23 de xullo. Inscríbete aquí
Contidos obradoiros:
Día 1
Día 2
Os obradoiros desenvolveranse nos meses de xuño, xullo, setembro e outubro:
Duración: 10 horas
Hora: 16.00 a 21.00 h
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mantente informado/a de todo no bolg ou no facebook.
* Vilalba, Chantada, Redondela, O Barco de Valdeorras, A Estrada, Verín, Ribadeo, Zas e Vilagarcía de Arousa.
2. O recuncho do asociad@
- Stop Desafiuzamentos Lugo informa de que a ASESORÍA COLECTIVA farase todos os xoves ás 20h na Cova da Terra (R/Nóreas 12 ). Se estás afectado ou podes axudar, xa sabes a onde acudir.
- O grupo de Dereitos Sociais e Renda Básica de Lugo terán como lugar de encontro o local da Cova da Terra, cada luns ás 19.00h. Achegamos cartaz informativo.
- Artigo que quere compartir Amaia con nós... A imprescindible argamasa da economía social.
3. Novas da tenda
Para esta semana imos ter en oferta os seguintes produtos (ata finalizar stock e cun 20 % de desconto):
- Galletas de algarroba El Rincón del Segura
- Pans variados (de espelta e cereais, castaña, trigo integral...)
- Sarxa especie Milhulloa
- Preparado de torta de abelá Portomuíños
- Pemento do piquillo verde Ékolo
- Marmelada de pexego 100% Ékolo
- Zume de Chucrut e zume de grosella Demeter 30% desconto
- Crema de mans té branco Equimercado
- Crema corpo té branco Equimercado
- Café moído Ecuador monodose La Cesta Sostenible
- O Sequeiro da Portela infórmanos que durante os meses de calor non van facer as súas deliciosas madalenas por mor das altas temperaturas. Así mesmo, en agosto, estarán de vacacións, co que non teremos os seus produtos... facede acopio mentres haxa!!
- Prepara o teu “kit de praia” na Cova (produtos de comercio xusto e ecolóxicos de Adsis EquiMercado)
- Crema solar SPF 20 con aloe vera
- Crema solar facial con aceite de argán e de jojoba SPF 30
- Roll-on Anti Mosquitos con Citronella 100% natural
- Aceite de masaxe con baobab 100% natural
- Incorporamos unha nova produtora: Montse de Lourenzá que nos vai traer as leitugas!
- Hai un produtor que ten años ecolóxicos para vender. Temos unha asociada que busca alguén que merque xunto con ela xa que un año enteiro se lle fai moito. Interesados/as en medio año que se poña en contacto con nós.
15/07/2013 |
|
|
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS |
Ameixa vermella |
Andalucía |
|
Aguacate |
Chile |
|
Albaricoque |
Murcia |
|
Limón |
Valencia |
|
Melón Pen de sapo |
Murcia |
|
Nectarina |
Murcia |
|
Plátano |
Canarias |
|
Pera S.Xoán |
Navarra |
|
Pexego |
Murcia |
|
Sandía |
Murcia |
|
Allo Morado |
Navarra |
|
Berenxena |
Andalucía |
|
Cabaza cacahuete |
Andalucía |
|
Cabaza poti |
Andalucía |
|
Cebola semiseca |
Navarra |
|
Ceboleta branca (manchea) |
Zaragoza |
|
Cenoria |
Andalucía |
|
Pemento vermello |
Murcia |
|
Pemento morrón verde |
Navarra |
|
Pemento fritir |
Andalucía |
|
Pataca Nova |
Murcia |
|
Pepino |
Murcia |
|
Remolacha |
Navarra |
|
Tomate ensalada |
Andalucía |
|
|
|
MARTES |
Xudía |
Valdoviño |
|
Repolo |
Valdoviño |
|
Cabaciño |
Valdoviño |
|
Leituga |
Lourenzá |
|
Cereixa |
Bierzo |
|
|
|
EN TENDA |
Xenxibre |
China |
4. Kandaharia
- Alegacións masivas contra o plan mineiro da Xunta
- A guerra esperada. Vídeo.
- 13 mapas sobre a situación da muller no mundo.
- Eléctricas, déficit de tarifa ou déficit de vergonza?
5. Actividades en Lugo
- O 15M-Lugo organiza un debate participativo (entre a cidadanía e as xuventudes dos partidos políticos sobre educación, sanidade e traballo) o vindeiro sábado 20 de xullo, ás 18h na Praza Maior.
- Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación de Lugo, onde destacamos os martes de cine social. Ver programa completo.
- O Ateneo Libertario A Engranaxe continúa co seus ciclos de cine. Achegamos o cartaz.
6. Actividades fóra de Lugo
- III Campamento Feminista de Mozas Europeas do 4 a 12 de Agosto en Vieira do Minho (Portugal). Toda a información aquí.
- Festigal 24 e 25 de xullo. Santiago. Campus Universitario Sur. Músicas, cultura, tendencias e diversidade. Dous días de actividades. Máis de 30 carpas para todos os públicos. Postos para xantar. Información.
7. Feiras
- Festival de Pardiñas. Como cada ano, A Cova da Terra, participará cun posto. Os días 3 e 4 de agosto en Guitiriz. Ver programa.
- Mercados de verán de Mondoñedo. Ver máis.
8. Cursos
- III Simposio de Compostaxe. “Agroecoloxía, cambio climático e ecoloxización da PAC”. 23 e 24 de xullo na Casa do Saber (Praza de Pío XII, nº 5). Ver programa
- Como traballamos os dereitos humanos na cooperación ao desenvolvemento? Metodoloxías de integración do 1 ao 28 de xullo a través da plataforma virtual www.aulaidhc.org.
- Relación de cursos de verán da USC. Preme aquí para saber máis.
9. Apoios
- Dixemos que nunca se repetiría. Ruanda. Promove Avaaz
- 30 meses para salvar o mundo. Promove Avaaz.
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |