Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
Tres intensos meses de actividades socioculturais están a piques de comezar na Cova... Arricará o 19 de setembro coa inauguración da exposición, teremos música e poesía aberta a quen se queira pasar.
Haberá actividades de balde e outras que precisan previa inscripción e un pago simbólico que será ademais reducido para asociad@s da tenda, soci@s e persoas que acrediten estar no paro.
Iremos informando no facebook, na web, neste boletín e nos taboleiros da tenda. Estade atent@s porque paga a pena ;)
Nota. Lembrade que Aínda tedes ata o 15 de setembro para presentar as vosas curtas ao I Edición do Certame de Microcurtas Terráqueas. Ver aquí as bases
2. Local Social – Cafetería na Cova
Comezamos o novo curso con folgos e estética renovada!
Queremos informarvos que tralo parón que se produciu na cafetería da Cova nos últimos meses, desde o pasado luns día 2, volve haber este servizo para atender (cun sorriso, sempre) a tod@s @s soci@s, asociad@s e nov@s membr@s que desexen gozar dunha infusión xusta, nun ambiente cálido e distendido e na mellor das compañas.
Comeza unha nova etapa para A Cova e queremos facervos cómplices así que non deixedes de participar na chea de actividades que imos desenvolver.
Asociádevos, vide ás reunións, aportade ideas... todo será benvido!
3. Street Market, comercio na rúa
A Cova da Terra participa mañá, xoves día 5 de setembro, no StreetMarket, comercio na rúa.
Que supón iso? Que nos desprazamos ata a rúa San Pedro para que as que non nos coñecen saiban o que se coce ás portas do número 12 da rúa das Nóreas.
É a nosa primeira vez e estamos expectantes a ver como se dá o mercado xa que nós somos máis de outro tipo de feiras, pero imos con ánimo de dar visibilidade á Cova e dinamizar o comercio local.
4. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico.
Os obradoiros seguen colleitando éxito de participación e seguimos percorrendo o país con eles.
Neste mes imos estar no Barco de Valdeorras os días 6 e 7 (xa están todas as prazas cubertas), na Estrada o 11 e 12, en Verín o 18 e 19 e en Ribadeo o 26 e 27.
Non deixes pasar a oportunidade de asistir... asegurámosche que non te vas arrepentir!
Inscricións:
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mantente informado/a de todo no bolg ou no facebook.
5. O recuncho do asociad@
- Paco achéganos este artigo titulado: Por que non mercar dátiles israelís?
- Lucía informa: Se tardan máis de tres meses en resolver a túa RISGA, recórrea!
- Almudena envíanos este enlace da campaña “Alto ao cabalo de Troya de Monsanto” segura de que vos vai interesar apoiala.
6. Novas da tenda
· Ofertas
- Esta semana temos en oferta:
Pans do Agro variados cun 30%
Sarxa especie de Milhulloa cun 20%
Zume de chucrut de Beutelsbucher 1L. cun 30%
Zume de arandos vermellos de Beutelsbucher cun 30%
Crema de mans té branco de Adsis Equimercado cun 50%
· Novidades
- Chotoiba é unha gandeiría ecolóxica que vende carne de xato certificada. Preséntaa en packs de 5kg (aínda que poden facelos menores) envasados ao vacío. Están ubicados en Agolada e lévana directamente ao domicilio do cliente. Ponte en contacto con eles nos teléfonos 646 650 111 - 696 653 985.
- Esta semana temos biscoito de cenoria e empanada de berenxena.
- Novidade literaria á venda na Cova da editorial Cambalache: “El Oro de Salave. Minería, especulación y resistencias”
· Produto fresco
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS |
Ameixa vermella |
Andalucía |
|
Ameixa Claudia |
Navarra |
|
Remolacha |
Castela e León |
|
Limón |
Andalucía |
|
Melón Galia |
Murcia |
|
Arando |
Asturias |
|
Aguacate |
Perú |
|
Pera Conferencia |
Lérida |
|
Plátano |
Canarias |
|
Sandía |
Andalucía |
|
Cenoria |
Andalucía |
|
Pemento vermello |
Murcia |
|
Berenxena |
Begonte |
|
Pemento Arnoia |
Begonte |
|
Pemento Oimbra |
Begonte |
|
Pemento Mougán |
Begonte |
|
Pemento Couto |
Begonte |
|
Tomate negro de Stgo |
Begonte |
MARTES |
Cabaciño |
Lourenzá |
|
Pepino |
Lourenzá |
|
Tomate rosado |
Lourenzá |
|
Xudía pinta |
Lourenzá |
|
Repolo |
Lourenzá |
|
MAZÁ INITIAL |
Pontevedra |
|
MAZÁ ELSTAR ECO |
Pontevedra |
|
Xudía plana |
Valdoviño |
|
Pemento morrón |
Valdoviño |
|
Tomate Redondo |
Valdoviño |
|
Tomate Pola |
Valdoviño |
|
Tomate Ensalada |
Valdoviño |
|
Tomate Cherry |
Valdoviño |
Xa en tenda |
Cabaza cacahuete |
Navarra |
|
Cabaza poti |
Andalucía |
|
Cebola seca |
Navarra |
|
Pataca Nova Galega |
|
|
Pataca Nova vermella |
Andalucía |
7. Kandaharia
- A verdade sobre Davos (vídeo)
- Moscas transxénicas para a agricultura
8. Actividades en Lugo
- O mércores 4 de setembro, concentración en solidariedade co pobo sirio e contra os ataques imperialistas en Lugo convocada por diferentes organizacións políticas e sociais da cidade. Ás 20:30h diante da subdelegación de goberno.
- Son d’Aldea 2013 os días 6 e 7 de setembro de 2013. Actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Santiago de Albá (Palas de Rei - A Ulloa). Prazas limitadas. Máis na web www.sondaldea.es
- O día 7 de setembro, a Fundación Manuel María de Estudos Galegos inaugura a Casa Museo Manuel María. Haberá visitas guiadas, xantar popular no Campo de Santa Isabel e actuacións musicais de tarde (Fuxan os Ventos e Miro Casavella, María Manuela, Uxía, Berrogüetto e Roi Casal). De balde.
- O sábado 7 de setembro ás 20h no Ateneo Libertario A Engranaxe, Debate sobre Prostitución. (Rúa Río Sil, nº 52)
- Asociación Galega de Custodia do Territorio organiza un curso de bioconstrución con Guido Tomasini a fin de semana do 14 e 15 de setembro, de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00. O prezo do curso (2 días) é de 40 € (socios) e 50 € (non socios). Será na Casa das Insuas (Rábade). É obrigatorio reservar praza e realizar anticipado do pago do curso. Contactos en [email protected] e 630-94.82.93
- Domingo, 15 de setembro ás 20h, presentación de Cadáver a la Intemperie, para unha crítica radical das sociedades democráticas occidentais, de Pedro García Olivo no Ateneo Libertario A Engranaxe.
9. Actividades fóra de Lugo
- "UNINDO EXPERIENCIAS" I SEMINARIO EUROPEO DE EDUCACIÓN E COMUNICACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE os días 27, 28 e 29 de setembro. Este encontro ten como obxectivo desenvolver alianzas e accións europeas e intercambiar experiencias no campo da Educación e Comunicación para o Desenvolvemento Sostible, co fin de asentar unha base sólida para futuras colaboracións entre os países implicados, iniciando aquí unha cooperación europea. O Seminario levaranse a cabo no Complexo do Corgo en Muíños, que está situado no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Máis información en [email protected] e Telf.: 668 874 900
10. Feiras
- Cada martes, Mercado da Terra na Praza de Abastos de Lugo
- Feira Alternativa de Lisboa. Dias 13,14,15 de Setembro. No Estádio do INATEL 1º de Maio, Alvalade, Lisboa
11. Cursos
- Iniciación á fotografía do 3 ao 12 de setembro ás 20h no local A.C Cultura do País (R/Carril das Hortas, nº1). Cartaz
- Retos e novas tendencias na captación de fondos para ONG. Da filantropía á innovación social. Organiza A CGONGD e tutoriza Diseño Social EN+. Curso semi presencial: serán 5 semanas de traballo on line e unha sesión presencial. Comezará o 9 de setembro e rematará o 11 de outubro. A clase presencial será o 27 de setembro en Compostela. En total, serán 31 horas lectivas. O prezo do curso serán 10 euros. Para inscribirvos, tedes que cubrir este pequeno formulario>>> no que xa aparece o número de conta para facer efectiva a inscrición.
- “Dereito internacional e dereitos humanos: alternativas para o cumprimento da legalidade en Palestina”, que se celebrará en Iruñea-Pamplona os días 4 e 5 de septembro. Organiza Sodepaz. Máis información aquí
11. Apoios
- SI ao Plan de Protección do Urso (Oso Pardo) en Galicia. Asina aquí
- O traballo forzado é intolerable. Asina a petición de Salva la Selva. Aquí
- Campaña de desobediencia civil contra o tarifazo eléctrico. Información aquí.
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |