Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
-Sección infantil en outubro (ás 18h): INSCRIBE AOS CATIVOS DA CASA!
· 18.10.2013 – “Piando ás agachadas” da man de ZampacontoZ (Catuxa Cela e David Vilas). Contacontos interactivos para os máis cativos! (no caso de ser menor de 2 anos, virán acompañad@s pola nai ou pai).
· 24.10.2013- Construción de títeres con Ton Arenas de Teatriño de Cartón
· 31.10.2013 - Cestería de refugallo con Lola Tourón de Cestería Viva
Para máis información sobre os obradoiros podedes preguntar no Local Social ou no correo-e [email protected]
- Cineforums cada mércores ás 20.30. Este día 15, Code 46 de Winterbottom e debate cun membro da Asociación Lucense de Senegaleses. Non vola perdades!
2. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico
Despois de catro intensos meses de traballo... remataron os obradoiros de emprendemento rural sustentable! Estamos moi satisfeitas coa acollida que tiveron e coa xente chea de ideas e motivación que nos atopamos no camiño. Pronto subiremos ao blog (para que todas poidades desfrutar dela) a guía “Como facermos un rural xusto e ecolóxico” que de seguro vos vai gustar.
Incorporamos á oferta formativa da Cova da Terra estes obradoiros, polo que se estades interesad@s en que desenvolvamos algún nos vosos centros ou asociacións tan só tedes que poñervos en contacto con Marta no teléfono 982.230.211.
No 2014 achegaremos o proxecto aos I.E.S da provincia de Lugo.
3. O recuncho do asociad@
- Lucía achéganos o enlace do blog da ILP pola Renda Básica Estatal Aquí.
- Miguel mándanos este artigo sobre un informe emitido polo Comisario Europeo Nils Muiznieks respecto da violación de dereitos humanos que se produce en España.
- “A perruca de Luca” trátase dun proxecto de coeducación ben chulo que compartimos con vós. Aquí podedes ver unha curta.
4. Novas da tenda
·Ofertas
Desconto dun 50% (consumo preferente: out 13)
Alga leituga de mar en pó (200gr)
Descontos dun 30% (consumo preferente: nov 13):
Té verde (cítricos, alga e ginseg, pexego e albaricoque e lady yang)
Té negro mazá e especies
Té rooibos (vainilla, pexego-albaricoque, especies dixestivas, cacao-framboesa, cacao-abelás e menta)
Linguas Pasteco (consumo preferente: 18/10/13)
Albahaca Biospirit (consumo preferente: 23/10/13)
Descontos dun 20% (consumo preferente: nov 13):
Preparado tarta coco pasas ó curri
Preparado tarta abelá
Preparado galletas croustillant
Preparado galletas danesas
Cervexa Menduiña Barda
Salvia especie Milhulloa
·Novidades
A marca Mendigorría de Navarra que elaboran pan con masa nai, acaba de sacar como novidade os bolos redondos que serven tanto para bocadillos como para hamburguesas. Veñen en paquetes de 4ud a un prezo de 2,50€ (2,38€/asociadas).
· Produto fresco
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS pola mañá |
Tomate cherri granel |
Lugo |
|
Berenxena |
Begonte |
|
Cabaciño |
Begonte |
|
Pemento morrón verde |
Begonte |
|
Tomate negro de Stgo |
Begonte |
|
Tomate negro salsa |
Begonte |
|
Xudía |
Begonte |
LUNS pola tarde |
Ameixa vermella |
Extremadura |
|
Mazá starking |
Navarra |
|
Pera Conferencia |
Lleida |
|
Plátano |
Canarias |
|
Uva negra |
Navarra |
|
Apio |
Murcia |
|
Cenoria |
Andalucia |
|
Champiñón |
La Rioja |
|
Porros |
Navarra |
|
Remolacha |
Castela-León |
MARTES pola mañá |
Espinaca |
Valdoviño |
|
Leituga |
Valdoviño |
|
Pemento morrón vermello |
Valdoviño |
|
Tomate ensalada |
Valdoviño |
|
Repolo |
Valdoviño |
|
Brécol |
Valdoviño |
XOVES pola mañá |
Berenxena |
Begonte |
|
Cabaciño |
Begonte |
|
Tomate negro de Stgo |
Begonte |
|
Tomate negro salsa |
Begonte |
|
Espinaca |
Valdoviño |
|
Leituga |
Valdoviño |
|
Pemento morrón vermello |
Valdoviño |
|
Tomate ensalada |
Valdoviño |
|
Repolo |
Valdoviño |
|
Brécol |
Valdoviño |
Xa en tenda |
Allo morado |
Navarra |
|
Cabaza galega |
Lugo |
|
Cebola galega |
Lugo |
|
Limón galego |
|
|
Mazá galega |
Ortigueira |
|
Sandía |
Castela-La Mancha |
|
Pataca Nova Galega |
Guitiriz |
|
Xenxibre |
Perú |
5. Kandaharia
- UNHA BOLA DE CRISTAL PARA ASOMARNOS AO NOSO FUTURO. Artigo Lucía M. Navarro
- OS PODEROSOS TERÁN MEDO CANDO SE ENFRONTEN Á DESOBEDIENCIA CIVIL ORGANIZADA. Artigo Ester Vivas
- AREA: A NOVA FEBRE DO OURO. Documental. La Noche Temática
6. Actividades en Lugo
· 18 ao 20.10.2013 PROXÉCTATE EN GALEGO. Para coñecer proxectos novidosos no ámbito do lecer, do consumo responsable, ou da posta en valor do patrimonio cultural que apostan polo galego como lingua de comunicación. Foro USC 2013. Casa do Saber, Vicerreitoría do Campus de Lugo. Preme aquí para máis información e aquí para ver o programa.
· 19.10.2013. A Asociación Galega de Custodia do Territorio coa colaboración de Xestión Agrogandeira e Natureza organiza un curso de horta familiar ecolóxica. Serán 11 sesións a desenvolver ao longo do ano, a razón dunha charla-debate práctica de 2 horas de duración, que terá lugar o terceiro sábado de cada mes, das 16:30 ás 18:30 na Casa das Insuas en Rábade. Máis información aquí
7. Actividades fóra de Lugo
·21-25.10.2013 Semana de Loita contra as Fronteiras organizada polo foro Galego da Inmigración. Saber máis.17.10.2013 II Xornadas de Cooperación ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria organizadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC, coincidindo co día internacional pola erradicación da pobreza. Será en Ferrol, na Aula Magna da Facultade de Humanidades. Ver programa
·13 – 31.10.2013 campaña POBREZA CERO 2013. Contra a riqueza que empobrece, actúa!
8. Cursos
- 21- 29.10.2013 curso de castañicultura ecolóxica, organizado pola Asociación Valor Ecolóxico. Será de 25 h lectivas e de balde. Inscrición no 982 24 67 62 ou en [email protected]
9. Apoios
- O Deutsche Bank ameaza aos tigres. Asina aquí para impedilo!
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |