Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
- Concerto: The Paulovers. O venres ás 20.30 no local da Cova. Non o podedes perder... Mira aquí o cartaz!
- Sección infantil: O sábado, día 9, ás 11h. a Cova da Terra convertese nun cine para os máis novos! Proxeccións varias que nos farán pasar unha horiña entretid@s.
- Xa podedes inscribirvos no obradoiro de fotografía: Achegamento á fotografía: historia e técnica. Impartido por Carmen PG Granxeiro. Será o xoves 21 de novembro ás 20.15h no local da Cova.
2. O recuncho do asociad@
- Miguel Fernández pídenos que nos sumemos a esta campaña de presión que lle afecta persoalmente. Ler máis e asinar, aquí.
- Lucía envíanos un artigo: A servidume voluntaria. Ler aquí.
- Ruth anímanos a asinar porque as escolas infantís de 0 a 3 anos pasen á Consellería de Educación. Se ti tamén o queres, asina aquí.
- Tedes botes de latón? (os clásicos de conserva de tomate) precisabamos uns cantos para facer uns xoguetes... se alguén ten, que nolos achegue antes do día 21 de novembro polo local da Cova. Gracias!
3. Novas da tenda
Ofertas
Descontos dun 30% (consumo preferente: nov 13):
Té verde (cítricos, alga e ginseg, pexego e albaricoque e lady yang)
Té negro mazá e especies
Té rooibos (vainilla, pexego-albaricoque, especies dixestivas, cacao-framboesa, cacao-abelás e menta)
Descontos dun 20% (consumo preferente: nov 13):
Preparado tarta coco pasas ó curri
Preparado tarta abelá
Preparado galletas croustillant
Salvia especie Milhulloa
Novidades
Xa vos contamos que Chotoiba é unha gandeiría ecolóxica que vende carne de xato certificada. Preséntaa en packs de 5kg (aínda que poden facelos menores) envasados ao baleiro. Están ubicados en Agolada e lévana directamente ao domicilio do cliente. Ponte en contacto con eles nos teléfonos 646 650 111 - 696 653 985. Van recoller pedidos ata o luns día 11 de novembro, para facer o reparto a mediados da semana que vén (sobre o día 19 ou 20).
Produto fresco
CHEGADA A TENDA | PRODUTO | PROCEDENCIA |
LUNS pola mañá | Crisantemo Maceta | Begonte |
Plantón leituga rizada | Begonte | |
Plantón leituga romana | Begonte | |
Plantón Brécol | Begonte | |
Plantón Repolo | Begonte | |
Plantón Coliflor | Begonte | |
Tomate negro de Stgo | Begonte | |
Pemento Oimbra | Begonte | |
Pemento Arnoia | Begonte | |
Porro | Lugo | |
LUNS pola tarde | Ameixa vermella | Extremadura |
Laranxa Mesa | Andalucia | |
Granada | Valencia | |
Laranxa Zume | Andalucia | |
Kiwi | Valencia | |
Mango | Andalucia | |
Caqui | Valencia | |
Mandarina | Valencia | |
Plátano | Canarias | |
Pomelo | Andalucia | |
Uva negra | Navarra | |
Uva branca | Navarra | |
Cenoria | Andalucia | |
Seta Shitake | Navarra | |
Champiñón | La Rioja | |
Cabaciño | Andalucia | |
Berenxena | Andalucia | |
Fiuncho | Andalucia | |
Allo morado | Navarra | |
Xenxibre | Perú | |
Remolacha | Navarra | |
MARTES pola mañá | Espinaca | Valdoviño |
Leituga | Valdoviño | |
Pemento morrón vermello | Valdoviño | |
Acelga | Valdoviño | |
Repolo | Valdoviño | |
Nabiza | Valdoviño | |
Xa en tenda | Pera Conferencia | Lleida |
Pera Vermella | Navarra | |
Apio | Murcia | |
Cabaza galega | Lugo | |
Cebola galega | Lugo | |
Limón galego | Lugo | |
Pataca Nova Galega | Guitiriz | |
Mazá galega | Ortigueira | |
XOVES pola mañá | Crisantemo Maceta | Begonte |
Plantón leituga rizada | Begonte | |
Plantón leituga romana | Begonte | |
Plantón Brécol | Begonte | |
Plantón Repolo | Begonte | |
Plantón Coliflor | Begonte |
4. Kandaharia
- Insumisos do sistema. Eu non trago. Vídeo
- Unha nova lei para a economía social e solidaria. Artigo de Diagonal
- Mercado Social. Un espazo para o cambio. Artigo de Toño Hernández
- A escravitude non se regula. Artigo de Gustavo Duch.
5. Actividades en Lugo
- 09.11.2013 ADEGA imparte un obradoiro para cativos (6 a 12 anos): Coñece o teu entorno. Será de 12h a 14h no no Centro de Interpretación Terras do Miño (Río Rato). Inscricións aquí.
- 15, 16 e 17.11.2013 Enxeñería Sen Fronteiras Galicia organiza as III Xornadas de Soberanía Alimentaria. As xornadas estarán divididas; venres 15 pola tarde (16:00-20:30), sábado 16 (9:30-14:00 e 16:00-20:30) e domingo 17 (9:30-14:00 e 16:00-20:30). Realizarase na Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Campus de Lugo. Participa A Cova da Terra.
- 14.11.2013 ADEGA imparte un obradoiro de elaboración de produtos de limpeza e biodiésel no fogar. Será de 17h a 19h no Centro de Interpretación Terras do Miño (Río Rato). Inscricións aquí.
- 22 e 28 11.2013. Charla Técnicas integrais para manter a saúde. Charla do Dr.Cabello, ás 20.00h no Local da Cova da Terra.
- 24.11.2013. Asociación de axuda a enfermos crónicos organiza as charlas: Potencia as endorfinas a través da dieta (Laura Ríos. Bióloga) e O Xogo dos Espellos (Pepe Cortiñas. Naturópata). Será de 10h a 14h no salón de actos da Deputación de Lugo (San Marcos s/n).
- 23.11.2013 MAGOSTO POPULAR. Organizan A Cova da Terra, Madia Leva, Comités, ADEGA, Vagalume, Asemblea Anticapitalista e A Engranaxe. Será a partires das 19.30h na rúa Serra de Ancares. Haberá xogos infantís, foliada, castañas e festa!
6. Actividades fóra de Lugo
- 08 e 09.11.2013. 'A resposta cidadá na defensa dos nosos dereitos'. Organiza a Coordinadora Galega de ONGD. Será na Facultade de Historia e Xeografía da USC (Santiago de Compostela). Interveñen: Esther Vivas, Antón Goméz Reino (Tone), Ada Colau (por videoconferencia) e representantes de distintos colectivos e movementos sociais galegos e internacionais. Inscricións de balde en [email protected]. Neste enlace o programa.
- 10.11.2013 II Camiñata contra a violencia de Xénero. Ás 11.30 en Xermade (Lugo).
- 08 e 09.11.2013: I Foro de boas prácticas ambientais na Casa da Cultura de Redondela (Pontevedra). Máis información.
7. Vagas de emprego
- Coordinador/a de sede autonómica de Médicos do Mundo Galicia. Máis información.
8. Apoios
- Ante a estafa eléctrica... http://www.bajatelapotencia.org/. Tamén che pode interesar este artigo sobre os altos cargos de Iberdrola.
- Perigo para as tartarugas mariñas en Malasia. Saber máis. Campaña de Salva la Selva.
- Renda Básica Incondicional (RBI) – Explorando un camiño cara as condicións de benestar emancipatorias na UE. Asina aquí.
9. Faino ti! (novo!)
Abrimos unha nova sección no boletín na que iremos achegando receitas variadas...unhas veces serán de alimentación, outras de cosmética... de todo un pouco pero ecolóxico, sinxelo e caseiro. Agardamos que vos resulte interesante. Hoxe comezamos con...
Seitán
Que é? Chamada “carne vexetal” feita a base de glute de trigo. É moi rica en proteínas. O glute en si non ten case sabor, por iso na elaboración do seitán engádense especias e salsa de soia.
Como se fai?
Necesitas: 500 g de glute de trigo, 150 g de pan relado, 3 pastillas de caldo de verduras, 200 ml de salsa de soia, 1 cebola y 4 dentes de allo.
Nunha cunca grande pon o glute de trigo e mestúrao ben co pan relado. Nunha cunca con auga quente disolve a pastilla de caldo de verdura e engádella ao glute. Incorpora a salsa de soia e amasa ben.
Engade auga moi pouco a pouco ata que a masa sexa maleable e non rompa, nin estea moi dura, nin pegañenta, e forma unha bola de masa (se non tes potas grandes, fai dúas bolas). Enche de auga unha pota grande ata os 3/4 da súa capacidade. Pon a masa cortada en cuartos, os dentes de allo pelados, as 2 pastillas de caldo de verduras que quedan e se queres un pouco máis de salsa de soia.
Cando empece a ferver mete a bola de glute, tapa a pota e déixao cocer con fervor suave (a lume medio-baixo) durante 40 minutos como mínimo. O tempo de cocción depende da textura que queiras darlle. Se o queres todo ben cocido, como os que venden nas tendas, déixao cocer 1 hora. Tamén inflúe o tamaño da bola. Se queres que se faga antes, corta a masa en anacos máis pequenos e cóceos. Con cachos do tamaño dun limón tardará media hora.
Cando estea cocido o seitán podes aproveitar o caldo para facer unha sopa, un cocido ou un guiso, ou incluso para facer outra bola de seitán. Gárdao na neveira, nun tupper cerrado co caldo da cocción, ou seco, envolto en film transparente, no conxelador.
10. Feiras
- 10.11.2013 IV Feira na Eira da Xoana. Ramil – Agolada (Pontevedra). Máis información.
- 10.11.2013 Mercado de inverno de Riotorto (Riotorto – Lugo).
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |