Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
- Obradoiro de achegamento á fotografía: historia e técnica.
Impartido por Carmen PG Granxeiro. Xoves 21 de novembro ás 20.15h no local da Cova. Prezo: 3€
O Obradoiro de Iniciación á fotografía está dirixido a un público interesado no eido da imaxe fixa e sen experiencia profesional neste campo, un xeito ameno, intensivo e interesante de se achegar ós diferentes aspectos fundamentais para comprensión do medio en tódalas súas vertentes.
Terá unha duración de 2 horas e media durante as que se fará un percorrido pola historia da fotografía que demostra as posibilidades técnicas e estéticas deste medio, á vez que nos achega a diferentes realidades da historia recente, ademais dun achegamento ós fundamentos técnicos da fotografía e das cámaras fotográficas dixitais, facendo especial fincapé nas características artísticas presentes nas obras.
Carmen PG Granxeiro formouse no audiovisual e na cinematografía, traballa no deseño gráfico, na creación fotográfica e na creación de vídeoartes, curtas... expón habitualmente, organiza e produce eventos e colabora con artigos sobre arte na revista online Order66. A súa obra e a súa experiencia no audiovisual pódese ver na páxina web www.carmenpggranxeiro.com
- Sección infantil: O sábado, día 23, ás 12.30h. a Cova da Terra convertese nun cine para os máis novos! Proxeccións varias que nos farán pasar unha horiña entretid@s.
- E xa sabedes que están á venda as entradas para o concerto-aniversario da Cova da Terra.... 18 anos de loita que festexaremos por todo o alto o día 19 de decembro. Sés e Germán Díaz, dous artistas de nivel, comprometidos coa solidariedade e a xustiza. Non faltes, imos estar tod@s e a festa está asegurada! Entradas á venda por 7€ no propio local.
2. O recuncho do asociad@
- Luis achéganos esta campaña de Amigos da Terra “Enerxía. Como baixarse do tren da bruxa”.
- Lucía envíanos esta entrevista feita a Som Energia en Radio Cerna. Escóitaa!
- Un lago trágase o bosque dun pobo por culpa do fracking...envíanos o enlace, Dani. Ver vídeo.
3. Novas da tenda
- Novidades
- Como podedes ver xa incorporamos os produtos da cooperativa Aigua Clara (laranxa, mandarina e caqui). Lembrade que se pedides caixas completas teredes un 5% de desconto!
- Na tenda empezamos a ter os produtos do Nadal (ecolóxicos e de comercio xusto):Turrón brando e duro, panettone, polvoróns a granel, piña enlatada en rodas, noces e outros froitos secos... e tamén os calendarios, axendas e xogos de Ekilikua
- Produto fresco
CHEGADA A TENDA | PRODUTO | PROCEDENCIA |
LUNS pola mañá | Crisantemo Maceta | Begonte |
Plantón leituga rizada | Begonte | |
Plantón leituga romana | Begonte | |
Plantón Brécol | Begonte | |
Plantón Repolo | Begonte | |
Plantón Coliflor | Begonte | |
Tomate negro de Stgo | Begonte | |
Tomate negro salsa | Begonte | |
LUNS pola tarde | Aguacate | Andalucia |
Granada | Valencia | |
Kiwi | Valencia | |
Pera conferencia | Navarra | |
Pera Decana | Navarra | |
Plátano | Canarias | |
Uva negra | Valencia | |
Alcachofa | Murcia | |
Apio | Navarra | |
Berenxena | Andalucia | |
Brécol | Navarra | |
Cabaciño | Andalucia | |
Cenoria | Italia | |
Coliflor | Navarra | |
Porros | Castela-León | |
Rabanitos | Navarra | |
Remolacha | Navarra | |
Seta shiitake | Navarra | |
Tomate Raf | Andalucia | |
MARTES pola mañá | Acelga | Valdoviño |
Espinaca | Valdoviño | |
Leituga | Valdoviño | |
Pemento morrón vermello | Valdoviño | |
Pemento morrón verde | Valdoviño | |
Pemento italiano | Valdoviño | |
MÉRCORES pola tarde | Col rizada | Navarra |
XOVES pola mañá | Crisantemo Maceta | Begonte |
Plantón leituga rizada | Begonte | |
Plantón leituga romana | Begonte | |
Plantón Brécol | Begonte | |
Plantón Repolo | Begonte | |
Plantón Coliflor | Begonte | |
Tomate negro de Stgo | Begonte | |
Tomate negro salsa | Begonte | |
Acelga | Valdoviño | |
Espinaca | Valdoviño | |
Leituga | Valdoviño | |
Pemento morrón vermello | Valdoviño | |
Pemento morrón verde | Valdoviño | |
Pemento italiano | Valdoviño | |
Xa en tenda | Caqui | Valencia |
Laranxa | Valencia | |
Mandarina | Valencia | |
Allo morado | Navarra | |
Cabaza galega | Lugo | |
Cebola galega | Lugo | |
Limón galego | ||
Mazá galega | Ortigueira | |
Pataca Nova Galega | Begonte | |
Xenxibre | Perú | |
Pomelo | Andalucia | |
Noces | Chantada | |
Améndoas con casca | Aragón |
4. Kandaharia
- Nunca Máis recorre a sentenza e sairá á rúa once anos despois da gran manifestación do Prestige. Artigo de Praza Pública
- A terapia. Artigo de Gustavo Duch
- Roubo de terras en América Latina. Entrevista a Cristóbal Kay, especialista en desenvolvemento e reforma agraria.
- Que significa ser pobre. Debate de Galiza Ano Cero
5. Actividades en Lugo
- 22 e 28 11.2013. Charla Técnicas integrais para manter a saúde. Charla do Dr.Cabello, ás 20.00h no Local da Cova da Terra.
- 23.11.2013 o movemento 15M convoca unha manifestación contra o goberno de Mariano Rajoy. MAREA CIDADÁ. “Xuntos, sen medo. Non debemos, non pagamos”. Ás 17.30h na Praza Maior de Lugo (o micrófono estará aberto ás intervencións dos colectivos que o desexen).
- 24.11.2013. Asociación de axuda a enfermos crónicos organiza as charlas: Potencia as endorfinas a través da dieta (Laura Ríos. Bióloga) e O Xogo dos Espellos (Pepe Cortiñas. Naturópata). Será de 10h a 14h no salón de actos da Deputación de Lugo (San Marcos s/n).
- 23.11.2013 MAGOSTO POPULAR. Organizan A Cova da Terra, Madia Leva, Comités, ADEGA, Vagalume, Asemblea Anticapitalista e A Engranaxe. Será a partires das 19.30h na rúa Serra de Ancares. Haberá xogos infantís, foliada, castañas e festa!
- 25.11.2013 concentración no día Internacional contra a violencia de xénero. En Lugo aproveitarase para visibilizar a contrarreforma de lei do aborto como forma de violencia de xénero. Será ás 20.30 na Praza de Santo Domingo.
- 26.11.2013 O Canto da Balea celebrará unha charla informativa sobre a comercialización de produtos de pesca artesanal responsable. Ás 19h. no local da Cova da Terra (Rúa Nóreas, 12).
- 29.11.2013 Concerto Solidario de Corais a beneficio da AECC de Lugo no Gustavo Freire ás 20.30h.
- 21 e 28.11.2013 ou 23 e 30.11.2013 Obradoiro de Arteterapia para Mulleres no Salón de actos da Casa das Asociacións Rúa Montefaro nº2 (parque de FRIGSA). Máis información en [email protected].
6. Actividades fóra de Lugo
- 22 e 23.11.2013 a Asociación Ecoloxista ADEGA organiza o “Foro europeo: Cara unha sociedade da reciclaxe. Iniciativas e experiencias” en Pontevedra.
- 28, 29 e 30.11.2013 I Congreso Nacional: Intervención e Prevención na Violencia de Xénero en Santiago de Compostela.
- 23.11.2013 Xornada Formativa A Renda Básica das Iguais en Coia – Vigo. Máis información sobre a RBiS, aquí.
- 27 e 28.11.2013 III Curso formativo de ferramentas de Compra Pública Responsable organizado por Amarante na EGAP en Santiago de Compostela.
- 30.11.2013 -01.12.2013 Encontro dos Grupos de Consumo. Organiza Amigos da Terra nas Corcerizas. Ourense.
7. Apoios
- Sierra Leona. Detidos por defender a terra. Campaña de Salva la Selva. Asina aquí.
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |