Taboleiro
|
1. Actividades na Cova
Xornada de EMPODERAMENTO CULINARIO: O venres día 28 ás 17.30hr terá lugar na Cova un entretido obradoiro de cociña impartido pola estupenda cociñeira da casa, Amaia Santamarta Benito. Haberá sorpresas e é de balde! Non dubides en inscribirte no enderezo: [email protected]
2. O recuncho do asociad@
- Un cento de persoas encérranse en Vigo contra a crise. Artigo que nos recomenda ler Lucía. Preme aquí.
- Marta comparte este enlace sobre o banco mundial dos Bancos de Tempo! http://www.cronobank.org/
- Multiculturalidade e bo rollo para dar a coñecer a iniciativa da Oficina de Cooperación da Universidade da Coruña. Ver vídeo!
3. Novas da tenda
Novidades
Este martes volven os produtos elaborados con fariña de castaña do Sequeiro da Portela. Lembrade que teñen pan, madalenas e bolachas!
Produto fresco
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
Aguacate Hass |
Andalucía |
Granada |
Valencia |
Manga |
Ecuador |
Mazá golden |
Navarra |
Mazá starking |
Navarra |
Pera Conferencia |
Navarra |
Plátano |
Canarias |
Apio |
Murcia |
Berenxena |
Navarra |
Brecol |
Navarra |
Cabaciño |
Navarra |
Cenoria |
Andalucía |
Champiñón |
La Rioja |
Col Picuda |
Navarra |
Coliflor |
Navarra |
Colirrábano |
Murcia |
Leituga Batavia |
Navarra |
Pemento vermello |
Murcia |
Pemento verde |
Murcia |
Porro |
Outeiro de Rei |
Seta Shii-take |
Navarra |
Tomate Raff |
Andalucía |
Tomate Rama |
Andalucía |
Acelga |
Valdoviño |
Cebola |
Carnota |
Leituga Batavia |
Valdoviño |
Fiuncho |
Navarra |
Remolacha |
Navarra |
Cabaza galega |
Lugo |
Limón galego |
Ares |
Pataca Nova Galega |
Begonte |
Améndoas con casca |
Aragón |
Pistacho natural |
Castela a Mancha |
Pistacho tostado |
Castela a Mancha |
Laranxa |
Valencia |
Mandarina |
Valencia |
Pomelo |
Valencia |
Xenxibre |
Perú |
4. Kandaharia
- “Aposto pola economía Cincenta, que frea o crecemento”
- As ferramentas do crecemento.
5. Actividades en Lugo
- 17-20.02.2014 - LIII Curso de Saúde Ambiental en Avda. De Compostela Palas de Rei (Lugo). Saber máis.
-21.02.2014 - “Soberanía Alimentaria, semente de cambio”. Charla a cargo de Isabel Villalba do Sindicato Labrego Galego no local do Carneiro Alado ás 21 hr (Rúa Salvador de Madariaga, 8).
- 25.02.2014 – Proxección do documental: “A lingua galega. Reflexións na etapa de Feijóo” ás 19 hr no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas (Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1).
- 26.01.2014 – 22.06.2014 Roteiros H2O organizados por ADEGA. Para saber máis preme aquí.
6. Actividades fóra de Lugo
- 18.02.2014 a ONG Panxea organiza unha charla sobre Fiare Galiza, o estado actual da construción de Fiare e as posibilidades reais que xa ofrece para pasarnos a un modelo de banca diferente baseado nas persoas e ao servizo da economía real, alternativa e solidaria. Será ás 20:30 horas no local da rúa da Rosa, 36 (Santiago de Compostela).
- 22 e 23.02.2014 Xornadas rurais. O rural galego pide xente. Organiza A Eira da Xoana – ADEGA. Toda información premendo aquí. (Agolada – Pontevedra)
- 28.02.2014 Festival Solidario da Fundación Jóvenes y Desarrollo a prol do proxecto “Promoción da Muller indíxena” ás 21 hr no Teatro Salesianos San Juan Bosco (A Coruña). Podes ver o vídeo promocional aquí.
7. Cursos
- 22.02.2014 Curso de Iniciación á Horticultura Familiar Ecolóxica en Vilarmaior – Pontedeume (A Coruña), organizado por Alvarella Ecoturismo. Saber máis.
- 26.02.2014 Obradoiro práctico de Tecnoloxia Apropiada: Políticas enerxéticas actuais, solucions enerxéticas racionais. Organiza Enxeñeiros Sen Fronteiras en Santiago de Compostela, na Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16). Para participar neste obradoiro é precisa a preinscripción en [email protected] ou no teléfono 650057767.
- 25.02.2014 IV Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional” organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Asemblea de Cooperación pola Paz actividade dirixida tanto a xornalistas como a alumnado de Ciencias da Comunicación. Máis informacion.
8. Faino ti!
Crema para afeitar, natural e sen químicos!
Ingredientes
50 gr de manteiga de karité
50 ml de manteiga ou aceite de coco
25 ml de aceite de oliva
2 culleradas de bicarbonato
10 gotas de aceite esencial (o que máis che guste) opcional
Como facelo
Pon ao baño María as manteigas de karité e coco a lume baixo. Segundo se vaia derretendo imos engadindo o de oliva e remexemos ben. Cando estean derretidos apaga o lume e retira. Segue remexendo para asegurarte de que están todos os ingredientes ben mesturados. Se vas botar aceite esencial, este é bo momento para facelo. Deixa a pasta na neveira por dúas horas para que endureza. Após as dúas horas, sácaa e déixaa a temperatura ambiente 10 minutos, tras os que botarás o bicarbonato. Remexe coa batedora para que non queden grumos e teña aspecto de crema. Garda nun bote de cristal e lista! Aguantará durante un mes sen problemas!
9. Apoios
- Mil familias indíxenas en Kenia acaban de perder as súas casas de mans da policía forestal. Actúa! Campaña de Avaaz.
- Trata de escravas no Sinaí. Saber máis. Campaña de Avaaz.
- Apocalipse de internet? Como o 1% vai controlar todo o que ves por internet. Ler
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |