Taboleiro
|
1. Actividades na Cova
- A Plataforma A Desalambrar organiza a xornada "INMIGRACIÓN E PRISIÓNS" sobre o trato aos inmigrantes nos cárceres do noso país, as causas e as posibilidades de acción ante estas realidades. Será o venres, 14 de marzo ás 17.30hr na Cova da Terra.
Programa:
17.30-18.00 "A Lei contra os inmigrantes, fóra e dentro das prisións". Ana Barba, educadora social.
18.00-18.30 "O papel da inmigración e das prisións no sistema económico”. Miguel Fernández, economista.
19.00-19.30 "De Senegal á prisión de Monterroso". Testimonio de Mustafá Sene, inmigrante e vendedor ambulante.
19.30-20.00 "Experiencias liberadoras e posibilidades de acción solidaria". Paz Vázquez, traballadora social e Teresa Redondo, procuradora.
- Presentación do libro: El oro de Salave. Minería, especulación y resistencias. Da man de un dos seus escritores colaboradores, Charlie Patillas. Será no local da Cova da Terra ás 20hr o día 27 de marzo. Se queredes botarlle un ollo ao documental do mesmo nome, premede aquí.
- Conferencia: “A doce revolución das plantas medicinais” por Josep Pàmies. O revolucionario agricultor, convertido en gurú e escritor, estará con nós o venres 28 de marzo ás 20hr no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Entrada de balde. Saber algo máis Dolça Revolució.
2. O recuncho do asociad@
- Imaxinades o exemplo máis groseiro da presencia das empresas do sector da alimentación nas aulas universitarias? O Campus McDonald’s! si, señoras e señores... Botádelle un ollo a este vídeo, do que aconteceu na primeira sesión en Valencia. Esperemos que sexa a derradeira.
- Lucía mándanos o enlace para ver o documental Earthlings... xa ten uns aniños pero é máis que recomendable. Graciñas Lucía por recordárnolo!
- María avísanos do novo número de El Carrión (reivsta dixital da Confederación Intersindical) e que neste mes adícanlle un artigo á Renda Básica das Iguais. Ler aquí.
- Jorge achega este enlace para estoutro documental.... se recomendabamos Earthlings, este, máis! More than honey.
3. Novas da tenda
Novidades
- Dende o luns temos plántula de leituga e cebola de A CORTIÑA NOVA. Se queredes podes pedir en grandes cantidades chamándonos por teléfono ou mandando correo-e a [email protected]
- Chegaron os produtos a granel de RIET VELL: macarrón, espiral, espagueti, fideo, arroz branco e integral
- Produtos novos:
Patés lucenses de Ecosetalia (de cantarelus e de boletus).
Base de pizza e pan relado de ECOCEREAL (Valdoviño).
Produto fresco
PRODUTO | PROCEDENCIA |
Aguacate Hass | Andalucía |
Granada | Valencia |
Chirimoia | Andalucía |
Mazá golden | Navarra |
Mazá starking | Navarra |
Pera Conferencia | Navarra |
Plátano | Canarias |
Alcachofa | Navarra |
Apio | Murcia |
Berenxena | Navarra |
Brecol | Navarra |
Cabaciño | Navarra |
Cabaza cacahuete | Navarra |
Cebola | Navarra |
Cenoria | Andalucia |
Champión | La Rioja |
Col Rizada | Navarra |
Col Lombarda | Navarra |
Coliflor | Navarra |
Leituga Batavia | Navarra |
Leituga Folla Roble | Navarra |
Pemento vermello | Murcia |
Pemento verde | Murcia |
Porro | Outeiro de Rei |
Rabanito (manoxo) | Navarra |
Seta Shii-take | Navarra |
Tomate Negro | Andalucia |
Tomate Rama | Andalucia |
Acelga | Valdoviño |
Espinaca | Valdoviño |
Leituga Batavia | Valdoviño |
Allo Morado | Castela La Mancha |
Laranxa | Valencia |
Limón galego | Ares |
Pataca Galega | Begonte |
Améndoas con casca | Aragón |
Pistacho natural | Castela La Mancha |
Pistacho tostado | Castela La Mancha |
4. Kandaharia
- ÉXODOS. Gustavo Duch
- CANDO RABUÑAS NA SUPERFICIE PATRIARCOSA, ENCONTRAS UNHA CHEA DE MULLERES ESCRIBINDO, CINEANDO, GOBERNANDO. Marcos Pena
5. Actividades en Lugo
- 13.03.14 Proxección do documental: “Las maestras de la República” + mesa redonda – coloquio “As escolas rurais trinta anos despois da República. Testemuños directos” ás 19.15 hr no Salón de Actos da Facultade de Formación do Profesorado. Organiza Asociación IV Ciclo Universitario da USC (Lugo).
- 14.03.14 Grupo de Estudos sobre a Saúde Mental: Xenealoxía da loucura a través de Michel Foucault ás 20.30hr no Ateneo Libertario A Engranaxe (Rúa Río Sil, 32). Máis información na súa páxina de facebook.
- 22.03.14 Taller de inmersión no inglés a través de proxectos na natureza: Obradoiro dirixido a rapaces/as de 12 a 18 anos os 6 sábados até o final da primavera de 11 -14 hr. Inscripcións no teléfono 625 711 090 ou en [email protected] Máis información en casadasinsuas.org.
6. Actividades fóra de Lugo
- 12.03.14 Obradoiro de Publicidade Financeira impartido ADICAE. Coñecer como protexer os aforros, detectar e previr fraudes. Para que non te timen os bancos. Será no local de Panxea (Rúa da Rosa, 36 baixo) Santiago de Compostela.
- 16.03.14 III edición do Mercado Ecolóxico e Artesanal de Bueu (Pontevedra). Ver o programa aquí.
- Formación en xénero. Varias datas. Organiza colectivo Fiadeiras (Grupo de Traballo en Igualdade do Ceesg). Toda a información aquí.
- 22.03.14 Marchas pola Dignidade. Toda a información aquí.
7. Cursos
- 14-16 e 28-30.03.14: IX Curso de Cooperación e Tecnoloxía para o Desenvolvemento Humano. Organiza ESF-Galicia, en colaboración coa USC. Toda a información aquí.(Santiago de Compostela)
- 21-23.03.14: Curso de deseño práctico, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia para instalacións de autoconsumo, autónomas ou conectadas á rede. Organiza Amigos da Terra nas Corcerizas (San Mamede, Vilar de Barrio - Ourense). Máis información aquí.
- 28.03.14: Curso: “Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural” de 10 – 14hr organiza Abella Lupa SAT no Centro Cultural de Paraños (Covelo - Pontevedra). Ver programa aquí.
8. Apoios
- Acaben con Keystone: a mega bomba de carbono. Campaña de Avaaz.
- Por unha enerxía limpa. Campaña de WWF
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |