Taboleiro
|
1. I Outono das Artes Sociais A Cova da Terra
- Sección infantíl en outubro (ás 18h): INSCRIBE AOS CATIVOS DA CASA!
· 03.10.2013 - Construción de títeres con Ton Arenas de Teatriño de Cartón
· 11.10.2013 - Cestaría de refugallo con Lola Tourón de Cestería Viva
· 18.10.2013 - Concerto contacontos con Catuxa Cela e David Vilas
Para máis información sobre os obradoiros podedes preguntar no Local Social ou no correo-e [email protected]
- Cineforums cada mércores ás 20.30: O día 2 de outubro estarán con nós representantes do movemento Stop Desafiuzamentos cos que debatiremos despois do visionado da comedia: La estrategia del caracol de Sergio Cabrera
2. Obradoiros: De aquí, xusto e ecolóxico.
Os obradoiros seguen colleitando éxito de participación e seguimos percorrendo o país con eles.
Tan só quedan dous obradoiros... quedan poucas prazas, non deixes escapar a oportunidade!
Inscricións:
- 2 e 3 de outubro, Baio (Zas): podes anotarte aquí. Celebrarase no Centro Sociocultural de Baio na Rúa Polideportivo s/n de Baio.
- 9 e 10 de outubro, Rianxo: podes anotarte aquí. Será no Centro Sociocultural Auditorio que está na Rúa Autores da Rianxeira de Rianxo.
Mantente informado/a de todo no bolg ou no facebook.
3.O recuncho do [email protected]
· Nacho anímanos a ir o día 22 de marzo a Madrid. Le aquí por que.
· Lucía mándanos este escandalizante artigo no que o presidente da multinacional Nestlé afirma que a auga non é un dereito e que debería ter un valor de mercado e ser privatizada. Ler
· Joan convídanos a seguir de preto a páxina de Beealia coa súa nova sección: O cociñeiro, onde atoparemos as exquisitas receitas que elaborou Josep Mª Blasi para as súas carnes.
· Carme recoméndanos este vídeo: VIVIR DIGNAMENTE É UN DEREITO
4. Novas da tenda
Ofertas
- Lembrade! Cada venres e sábado os produtos de horta e froita terán un desconto mínimo dun 10% (para as asociadas será do 15%).
- En tenda, por próxima data de consumo preferente, tedes as seguintes ofertas:
Sarxa especie de Milhulloa cun 20%
Pastilla de xabón de Rosa Mosquera do Comercio Xusto Adsis EquiMercado cun 20%
Hamburguesa de tofu e pemento Natursoy
Novidades
- Beealia é unha comercializadora de carne de cabrito e cordeiro de Galicia que pretende recuperar a carne producida de xeito natural a base de leite materno e pasto. Son xente de confianza e teñen as súas granxas moi preto de Lugo (no concello de Pol). Pronto contarémosvos algo máis deles. Estade atent*s!
- Esperamos que, por fin, esta semana chegue a panela de Ecuador e azucre de Cuba... sen tempo non era!
Produto fresco
CHEGADA A TENDA |
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
LUNS pola mañá |
Tomate cherri granel |
Lugo |
|
Berenxena |
Begonte |
|
Cabaciño |
Begonte |
|
Pemento morrón verde |
Begonte |
|
Tomate negro de Stgo |
Begonte |
LUNS pola tarde |
Ameixa vermella |
Extremadura |
|
Melón Pel de Sapo |
Castela-La Mancha |
|
Pera Conferencia |
Lleida |
|
Pera Decana |
Navarra |
|
Plátano |
Canarias |
|
Sandía |
Castela-La Mancha |
|
Uva Branca |
Murcia |
|
Uva negra |
Navarra |
|
Cenoria |
Andalucía |
|
Champiñón |
La Rioja |
|
Porros |
Navarra |
|
Xenxibre |
Perú |
MARTES pola mañá |
Acelga |
Valdoviño |
|
Leituga |
Valdoviño |
|
Pemento morrón vermello |
Valdoviño |
|
Tomate ensalada |
Valdoviño |
|
Tomate Salsa |
Valdoviño |
|
Xudía |
Valdoviño |
|
Remolacha |
Palas de Rei |
XOVES pola mañá |
Berenxena |
Begonte |
|
Cabaciño |
Begonte |
|
Tomate negro de Stgo |
Begonte |
Xa en tenda |
Cabaza cacahuete |
Navarra |
|
Cabaza galega |
Lugo |
|
Cebola galega |
Lugo |
|
Limón galego |
Ribeira |
|
Mazá fuji |
Pontevedra |
|
Mazá intial |
Pontevedra |
|
Mazá reineta |
Pontevedra |
|
Pataca Nova Galega |
Guitiriz |
5. Kandaharia
- As pensións non se tocan: Síntese para xente con présa
Temos dúas novidades artísticas na tenda:
- Revista “Que quede quen o conte”, en defensa do mundo rural galego. Apoia esta iniciativa por tan só 1€!
- Temos no centro de recursos Kandaharia o documental “Los colores del viento” que puidemos ver o pasado venres da man do seu director, Iván Menéndez. Un verdadeiro agasallo para os sentidos.
6. Actividades en Lugo
· 01.10.2013 A Asociación Enriqueta Otero organiza o seu cineforum “FILMOQUETAS”. Con motivo do día Internacional dos Dereitos Sexuais e Reproductivos das Mulleres proxectarase EL CRIMEN DEL PADRE AMARO. Será ás 20h no salón de actos da Deputación de Lugo (Rúa San Fernando, s/n).
· 01.10.2013 Información sobre a situación en Siria. Un país no punto de mira do imperialismo. Organiza Plataforma Galiza contra a Guerra. Interveñen: Óscar Valadares e Joseph Ghanime. Será ás 20.30 no salón de actos da casa sindical (Ronda da Muralla)
· 05.10.2013 Manifestación convocada polas Plataformas de Preferentes e Subordinadas de toda Galiza. Sairá ás 11 da mañá de diante do multiusos da Xunta.
· 13.10.2013 Iniciativa Galega pola Memoria organiza un acto homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo en Montecubeiro (Castroverde, Lugo) como resposta ás sonadas declaracións do alcalde de Baralla. Participan Claudio Rodríguez Fer, Federico Mayor Zaragoza e Mercedes Peón. Máis información no enderezo [email protected]
· 15 ao 18.10.2013 FORMACIÓN COOPERATIVA PARA PERSOAS QUE QUEREN EMPRENDER. Rede Eusumo. Curso de balde. Horario de 10 a 15h. Descarga e consulta o programa : Formación cooperativa para emprender – LUGO
· 18 ao 20.10.2013 PROXÉCTATE EN GALEGO. Foro USC 2013. Casa do Saber, Vicerreitoría do Campus de Lugo. Preme aquí para máis información e aquí para ver o programa.
· 19.10.2013. A Asociación Galega de Custodia do Territorio coa colaboración de Xestión Agrogandeira e Natureza organiza un curso de horta familiar ecolóxica. Serán 11 sesións a desenvolver ao longo do ano, a razón dunha charla-debate práctica de 2 horas de duración, que terá lugar o terceiro sábado de cada mes, das 16:30 ás 18:30 na Casa das Insuas en Rábade. Máis información aquí
7. Actividades fóra de Lugo
· 03 e 04.10.2013 A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN Galicia) organiza “III Foro sobre pobreza, exclusión social, terceiro sector e voluntariado”. Consuta aquí o programa
· 05.10.2013 Encontro da Rede Galega de Sementes na Alameda de Redondela (Pontevedra). A partir das 10h.
· 04 e 11.10.2013 Taller de Formación en Redes Sociais. Organiza Amarante Setem en Santiago de Compostela. Máis información en [email protected]
· 17.10.2013 II Xornadas de Cooperación ao Desenvolvemento e Acción Humanitaria organizadas pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC, coincidindo co día internacional pola erradicación da pobreza. Será en Ferrol, na Aula Magna da Facultade de Humanidades. Ver programa
· 10 e 11.10.2013 “Os dereitos sociais na crise. A crise dos dereitos sociais" organiza a Rede de Investigación en igualdade, dereitos e Estado social da USC. Celebrarase na Facultade de Dereito da USC. Aquí máis información.
8. Apoios
· Véspera de nada - Asociación por unha Galiza sen petróleo, astá a desenvolver unha campaña de crowdfunding, co obxecto de recadar fondos para a edición da "Guía para o descenso enerxético".
· Asina para que os traficantes de madeira tropical ilegal vaian ao cárcere! Petición de Salva la Selva.
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |