DECÁLOGO DO CONSUMO RESPONSABLE 1 - Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial. 2 - Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta. 3 - Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade. 4 - Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate. 5 - Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza. 6 - Pensa que as marcas �de moda� encarecen o prezo final. Sé crítico. 7 - Non merques xoguetes bélicos nin sexistas. 8 - Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais. 9 - Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan. 10 - Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.
De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa. Infórmate mellor e divúlgao.
|
|||||||