Non fagas da túa ignorancia un argumento. (Joan Fustes)


KANDAHARIA


"espazo común"


CENTRO DE RECURSOS SOBRE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO


Dun lugar do mundo onde os libros e o cinema, mesmo os ollos das mulleres estiveron prohibidos e a xente agochábase nas “covas da terra” para ler libros, e mirar ós ollos. Dunha película na que alguén busca razóns para vivir e os libros e os ollos son algunhas delas.


Espazo común, centro aberto.


QUE É


Pretende ser unha alternativa de información e formación sobre temas concretos,que non se atopan de forma doada nos centros de divulgación habituais. Neste senso, ofrecémosche información sobre a problemática global, abarcando un conxunto de temas que che indicamos máis adiante, ós que podes acceder nos distintos soportes existentes no centro. Estecentro é froito da colaboración entre as ONG´s lucenses AXUNICA, A Cova da Terra e Bicis pola Paz. , recibindo o apoio da Dirección Xeral Cooperación Exterior da Xunta de Galicia na convocatoria de axudas para o fortalecemento de ONGD do ano 2006.

 

ONDE ESTÁ
Rúa Nóreas nº 12 baixo – 27-002 Lugo - 982-23.02.11
kandaharia@covadaterra.org


HORARIO DE KANDAHARIA
De luns a sábado

De 9:30 h – 14:00 h e de 17:00 h – 20:30 h

 

KANDAHARIA

BUSCADOR DE RECURSOS