AGRADECEMENTOS...

A Cova da Terra facémola entre todos e todas; é o froito do traballo calado de moita xente que durante xa 9 anos apostaron por outra forma de facer comercio e de crer nas persoas.

É traballo, poñamos por caso, dos que case da nada sacaron adiante a primeira tendiña; dos que ante as primeiras dificultades decidiron mirar de fronte e seguir loitando; das moitas persoas que, como consumidores e consumidoras responsables e conscientes, apostan cada día polo comercio xusto como opción; por quen nos agasalla cunhas flores; por todos e todas aqueles e aquelas (que son moitos) que colaboran con nós na reciclaxe e reutilización de bolsas de plástico; por quen nos afaga animándonos a seguir adiante; polos que traballan coma nós, fomentando un traballo en rede, que é un dos xeitos máis sans de medrar; polas asociacións lucenses que continúan nas súas loitas cotiás; polas que dende o seu traballo apostan polo guaranito, o té, o cacao, as pastas, o ron...

Pero sobre todo, A Cova da Terra, está feita polos milleiros de homes e mulleres de case tódolos ecunchos do planeta que con esforzo e dignidade, fan do seu traballo un acto de valor material, humano e social, a esencia do Comercio Xusto.

O noso especial agradecemento a Cristina Barreiro, autora dos debuxos empregados para deseñar esta páxina Web.

 

volver