1. Faite consciente do teu poder como consumidor: a túa elección diaria afecta á Economía Mundial.
2. Que non che pisen os teus dereitos de consumidor: fíxate na calidade do produto que mercas e na información que aparece na etiqueta.
3. Que non che cambien a festa; o Nadal non significa consumir. Non sexas monicreque da publicidade.
4. Detrás dun produto excesivamente barato pode haber explotación laboral, deterioración medioambiental ou problemas para a túa saúde; infórmate.
5. Que o teu consumo respecte o Medio Ambiente: merca produtos que indiquen na súa etiqueta que non estragan a Natureza.
6. Pensa que as marcas “de moda” encarecen o prezo final. Sé crítico.
7. Non merques xoguetes bélicos nin sexistas.
8. Apoia ó pequeno produtor local. Que non o esmaguen as transnacionais.
9. Colabora coas iniciativas solidarias que che propoñan.
10. Un consumidor responsable medra dende pequeno. Fai do teu consumo un exemplo para os teus fillos.
De seguro que algunha destas proposicións che parece novidosa.
Infórmate mellor e divúlgao.