A Cova da Terra é unha asociación galega sen ánimo de lucro, de comercio xusto e consumo responsable, que comezou a súa andaina en 1995 abrindo en Lugo a primeira tenda de comercio xusto de Galicia.
Traballa na transformación da sociedade, desde o ámbito local, na procura dunha maior conciencia ambiental e social dos e das galegas, a partir de programas educativos e de sensibilización (Programa Educativo, materiais educativos propios, exposicións, charlas, obradoiros, actividades para [email protected] e adultos, etc.) e de prácticas comerciais máis xustas e solidarias.
Tamén procura o traballo en rede con outras entidades, tanto desde a participación en redes, coordinadoras, campañas, etc., como tentando reforzar o tecido asociativo de Lugo mediante a colaboración en actividades e denuncias, ou o apoio ao resto de organizacións desde o noso Centro de Recursos e Documentación (canón proxector, altofalante e un Centro de Documentación con máis de 2000 entradas).
Convidámoste desde este foro para que participes con nós na procura dun mundo mellor para [email protected] Nesta páxina ofrecémosche as distintas posibilidades existentes no noso local, así coma o calendario de actividades e novas que poderás consultar periodicamente.