Taboleiro
|

A Cova da Terra desenvolverá ao longo de toda a semana as seguintes actividades:
¨ Martes día 8 ás 20.00 no local da Cova da Terra (R/Nóreas, 12) haberá un coloquio informativo impartido por Gonzalo Gesto Quiñoy de FIARE: “É posible unha Banca Ética? Si”. Para saber máis sobre este proxecto bótalle un ollo a este artigo ou escoita esta entrevista. FIARE é unha rede de persoas e organizacións con vocación de crear alternativas dentro do mercado financeiro para construír unha economía con outros valores ao servizo dunha sociedade máis xusta.
¨ Xoves día 10 ás 20.00 no local da Cova (R/Nóreas, 12) proxectarase a película documental “The Shock Doctrine” (A Doutrina do Shock) dentro do ciclo de cineforum que A Cova, Mádia Leva e a CIG levan desenvolvendo dende o pasado mes de marzo.
Esta película xira sobre a orixe das teorías radicais de Milton Friedman, profesor da Universidade de Chicago, e a súa posta en práctica, desde os anos corenta, en países tan dispares como a Chile de Pinochet, a Rusia de Yeltsin, a Gran Bretaña de Thatcher e, máis recentemente, en Afganistán e Irak. Ponse de manifiesto o lado máis escuro da ideoloxía de Friedman, tan impopular que só puido impoñerse mediante a tortura e a represión. Tras o visionado da película abrirase un debate.
¨ Sábado día 12 de 11.00 a 20.00 h na Praza Maior de Lugo celebraremos o Mercado Popular. Baixo o lema de que outra economía é posible, sae á rúa facela real, A Cova da Terra coordina unha feira na que hai concretados uns 30 postos (sen ter en conta os que se sumen á iniciativa de xeito espontáneo) de venda de produtos do Comercio Xusto, produtos locais, artesanía e degustación, un mercado de troco e outro con información sobre banca alternativa.
A idea é a construción colectiva dun espazo de intercambio dentro dun comercio alternativo: con prezos xustos, sen intermediarios e baixo unha produción e consumos responsables. Queremos que o día 12 a economía real, a de sempre, a non especulativa nin abusiva, saia á rúa, propoñendo a produtores e consumidores outro xeito de intercambio.
Este é un chamamento a tod@s vós: non importa a idade, nin o que queirades vender, a idea é que saiades á rúa coa intención de facer da economía algo respectable, próximo e bo. Só existe o requisito de que cada quen se responsabiliza do seu posto (soporte no que se expoña o que queira vender). Todo o demais farémolo entre as persoas, porque a economía de verdade é iso, un intercambio xusto de bens ou servizos.
Haberá tamén mercado de troco para os que prefiran este xeito de intercambio.
Hoxe, luns 7 de maio, esperamos que chegue dende Navarra (Gumendi): Aguacate, mandarina, plátano, alcachofa, berenxena, brócoli, cabaciño, cebola, xudía, pemento vermello, pemento verde, remolacha, tomate, leituga batavia, seta shiitake e cenoria.
Tamén hoxe chegará a laranxa de Valencia.
Martes, día 8, de Valdoviño (Fernando): Espinaca, acelga, chícharo, repolo, coliflor, leituga batavia e rúcula.
En tenda temos; allos, lombardas e limón galego.
| Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD | ![]() | ![]() |