Taboleiro
|
1. ACTIVIDADES NA COVA
- Presentación do libro: El oro de Salave. Minería, especulación y resistencias. Da man de un dos seus escritores colaboradores, Charlie Patillas. Será no local da Cova da Terra ás 20hr o día 27 de marzo. Se queredes botarlle un ollo ao documental do mesmo nome, premede aquí.
- Conferencia: “A doce revolución das plantas medicinais” por Josep Pàmies. O revolucionario agricultor, convertido en gurú e escritor, estará con nós o venres 28 de marzo ás 19hr no Salón de Actos da Deputación de Lugo. Entrada de balde. Aforo limitado. Se queredes saber algo máis Dolça Revolució.
2. ALTERNATIVAS NA ESCOLA
Como sabedes, parte importante do traballo da Cova da Terra son as nosas actividades de formación e sensibilización; segundo o noso ideario, no 2011 desenvolvemos o proxecto “As mulleres alimentan o mundo” que xirou arredor do empoderamento feminino na agricultura e no rural. No 2012 puxemos en marcha “De aquí, xusto e ecolóxico” co que percorremos o país cuns obradoiros de formación para a xente moza do rural sobre emprendemento rural sustentable, e agora damos comezo a outro proxecto moi ilusionante: “ALTERNATIVAS NA ESCOLA”, co apoio das ONG’s amigas Panxea e Sodepaz, destinado ao ALUMNADO de 4º da E.S.O dos centros de ensino da provincia de Lugo nos que imos realizar unha serie de accións de sensibilización e formación nos que achegaremos aos mozos/as que están a rematar os seus estudos obrigatorios, outras alternativas de futuro fóra das que a ensinanza regrada lles ofrece; alternativas baseadas na AGROECOLOXÍA, NA COOPERACIÓN E NA SOLIDARIEDADE.
Estes obradoiros irán acompañados dunha visita a un proxecto de emprendemento rural sustentable e ético da zona, coa misión de amosar que outros xeitos de vida e traballo, non son só posibles, senón tamén, necesarios.
Os obradoiros vanse celebrar nos meses de maio e xuño deste curso escolar e setembro do vindeiro. Se sabedes de algún centro no que encaixe a proposta, non dubidedes en poñervos en contacto con nós, ben a través do correo-e [email protected] ou no teléfono 982.230.211.
Se queredes estar ao tanto de todo o que facemos nesta aventura, seguídenos na páxina de facebook Alternativas na escola ou na propia da Cova da Terra.
3. O RECUNCHO DO ASOCIAD@
- Marta achéganos este enlace CURSOS VERDES no que atoparedes todo tipo de información sobre formación ambiental.
4. NOVAS DA TENDA
Novidades
- Galletas artesás de noces. Son locais (feitas en Lugo), artesás e moi ricas e ainda que non son 100% ecolóxicas, ándanlle preto.
- Tamén chegaron dous novos libros da Fertilidad de la tierra: Crea tu jardín de aromáticas e Plantas compañeras en el huerto ecológico.
Produto fresco
PRODUTO |
PROCEDENCIA |
Aguacate Hass |
Andalucía |
Mazá golden |
Navarra |
Mazá starking |
Navarra |
Pera Conferencia |
Navarra |
Plátano |
Canarias |
Alcachofa |
Navarra |
Apio |
Murcia |
Berenxena |
Navarra |
Cabaciño |
Navarra |
Cabaza cacahuete |
Navarra |
Cebola |
Navarra |
Cenoria |
Andalucia |
Champión |
La Rioja |
Coliflor |
Navarra |
Col Lombarda |
Navarra |
Espárrago verde (manoxo) |
Navarra |
Leituga Batavia |
Navarra |
Leituga Folla Roble |
Navarra |
Pemento vermello |
Murcia |
Pemento verde |
Murcia |
Pemento italiano |
Murcia |
Seta Shii-take |
Navarra |
Tomate Negro |
Andalucia |
Tomate Raff |
Andalucia |
Acelga |
Valdoviño |
Brécol |
Valdoviño |
Espinaca |
Valdoviño |
Leituga Batavia |
Valdoviño |
Porro |
Valdoviño |
Repolo |
Valdoviño |
Laranxa |
Valencia |
Allo Morado |
Castela La Mancha |
Limón galego |
Ares |
Pataca Galega |
Begonte |
Abelás con casca |
Aragón |
Pistacho natural |
Castela La Mancha |
Pistacho tostado |
Castela La Mancha |
Pomelo |
Valencia |
5. KANDAHARIA
- As guerras agrarias xa comezaron. Artigo de Gustavo Duch.
- Nós os Detritívoros. Capítulo I. Entrevista a Manuel Casal Lodeiro no programa de radio online Error del Sistema.
6. ACTIVIDADES EN LUGO
- 27.03.2014 presentación do libro "O teito é de Pedra" coa participación de María Osório e os ex-presos independentistas Júlio Saiáns, Miguel Nicolás, Óscar Sanches, Telmo Varela, Ugio Caamanho e Xiana Rodrigues. Será ás 20:30hr no C.S. Mádia Leva! (Rúa Serra de Ancares, 18).
- 28.03.2014 cea solidaria e grupo de estudos sobre a Saúde Mental no C.S Màdia Leva! en colaboración co C.L A Engranaxe. Ás 21 hr no local do Màdia Leva (Rúa Serra de Ancares, 18).
- 04.04.2014 Proxección de Oligopoly2 e debate sobre alternativas ao modelo enerxético. Preme aquí para saber máis (iremos informando segundo se vaian pechando datas). Será na Cova da Terra ás 20hr.
7. ACTIVIDADES FÓRA DE LUGO
- 25.03.2014 representación da peza teatral VAYA TELA! na que se reflexiona sobre os modelos de produción e consumo. Da realidade dun taller de costureiras de Galicia, á actividade frenética dunha tenda. Somos o que vestimos? Vestímonos como somos? Situacións sobre o consumo de roupa cheas de humor para reflexionar e espir inercias cotiás. Organizan Solidariedade Internacional de Galicia coa colaboración de Xucrutt Teatre. Será ás 20hr no Forum Metropolitano da Coruña (R/ Río de Monelos, 1) Máis información aquí.
- 26.03.2014 concentración diante da Xunta de Galicia (r/Concepción Areal 8) baixo o lema: MENOS GOLF, MÁIS SOLUCIÓNS! AXUDAS SOCIAIS DIGNAS, NON ESMOLAS! No acto farase unha representación, da que so podemos adiantar que terá que ver con esta nova: "A Xunta subvenciona carriños de golf aos clubes". +info
- 29 e 30.03.2014 XV Encontro co Millo Corvo en Meiro (Bueu – Pontevedra). Saber máis.
- 28.03.2014 II Programa Agroecolóxico de Salceda. Comercialización de produtos agrícolas sostibles. “Agricultura ecolóxica certificada” ás 20hr na Casa da Cultura de Salceda de Caselas (Pontevedra). Máis información aquí.
- 29.03.2014 Xornadas Galegas da Auga organizadas por Enxeñería Sen Fronteiras Galicia dentro da campaña "Auga de Todas: Un dereito e non unha mercadoría". Será en Santiago de Compostela. Toda a información aquí.
- 02.04.2014 II Programa Agroecolóxico de Salceda. Comercialización de produtos agrícolas sostibles. “Agricultura ecolóxica non certificada (mercado de confianza)” ás 20hr na Casa da Cultura de Salceda de Caselas (Pontevedra). Máis información aquí.
- 12.04.2014 III Carreira Solidaria Corre con Implicadas coa colaboración da Federación Galega de Atletismo a través da súa Delegación en Coruña, do Concello de Oleiros e da Universidade da Coruña a través do Inef Galicia. Máis información.
- 12.04.2014 I Festival da canción en lingua de signos que se celebrará no Auditorio do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia de Vigo. Máis
8. CURSOS
- 24.03.2014 Curso de Experto en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, en modalidade online, que aborda os marcos conceptuais, teóricos e prácticos, da nova axenda internacional de desenvolvemento. Máis información aquí.
- 28.03.14: Curso: “Abellas traballando pola biodiversidade e o patrimonio rural” de 10 – 14hr organiza Abella Lupa SAT no Centro Cultural de Paraños (Covelo - Pontevedra). Ver programa aquí.
- Abril de 2014: Consulta aquí o calendario de formación da Oficina de Voluntariado e Cooperación da Universidade da Coruña.
- 05 e 06.04.2014 "A túa horta nunha espiral" obradoiros de deseño bio-construcción e cultivo de espiral de herbas ecolóxicas e obradoiro de remedios naturais. Será en Esmelle (Ferrol – A Coruña). Para máis información visitade a páxina web de Pumido ao natural no facebook ou no teléfono 676005983.
9. VAGAS DE EMPREGO
- A Xoaniña Cooperativa de Consumo Responsable (Ferrol) oferta un posto de traballo atención en tenda de 20hr semanais. Mandar CV ao enderezo [email protected], podes saber máis premendo aquí.
- Técnico de proxectos agrarios na República Árabe Saharaui Democrática. Toda a información aquí.
10. Apoios
- Asasinato por biocombustibles da Unión Europea. Campaña de Avaaz.
- Urxente! As mulleres e nenas de Mozambique están en grave perigo. Campaña de Amnistía Internacional
- Servizos sociais para todas e todos. Non cales! Promove o Consello Xeral de Traballo Social
Rúa das Noreas, 12 27001 Lugo tlfno: 982230211 - email: [email protected] Designed by InternetGalicia.net | Adm | LOPD |