"Eu son simplemente un campesiño indignado polo engano ao que a pseudociencia agraria me someteu durante moitos anos da miña vida, facéndome crer que pesticidas, funguicidas, herbicidas, hormonas e antibióticos eran parte do progreso da Humanidade. Descubrir o engano á miña idade, motívame para facer todo o que faga falta para volver a deixar a terra aos meus fillos e netos ao menos como ma deixou meu pai. Non podo crer nesta ciencia corrupta que sí pensa no máximo beneficio a costa do que sexa. Os transxénicos poden ser o final do círculo de dominación da Humanidade, e que a tal propósito fan falta accións decididas e fortes, e sobre todo moita implicación da sociedade”. Josep Pàmies