Os días 16 e 17 de xullo, en horario de 16 a 21 horas estaremos cunha nova edición do obradoiro "De aquí, xusto e ecolóxico".
Onde? Na Rúa Emilia Pardo Bazán, nº 11, Baixo.
Inscricións
Podedes anotarvos no seguinte formulario ou a través do teléfono 698 16 17 60
Deixamos un resumo dos contidos do obradoiro para refrescar.
En que consiste este obradoiro?
Obxectivo do obradoiro: Achegar as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural partindo de conceptos clave como son: a agroecoloxía, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, a cooperación e a soberanía alimentaria.
Contidos obradoiro:
Día 1
Presentación programa
Por que ecolóxico, por que local e por que xusto?
Presentación da guía: Como facermos un rural xusto e ecolóxico.
Relator/a convidado/a
Os recursos locais (tipos e identificación)
Día 2
Presentación dunha experiencia de emprendemento de éxito no rural
Traballo en grupos
Partes dun plan de empresa
modelo cooperativo
Financiamento alternativo
Un total de 9 obradoiros de sensibilización e formación en diferentes concellos das catro provincias galegas a través dos que achegar á mocidade as oportunidades éticas e socialmente responsables de emprendemento económico que ofrece o noso rural.