A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, presentamos o proxecto: De aquí, xusto e ecolóxico,dentro da proposta de traballo Sensibilizando á mocidade rural galega,financiada pola Xunta de Galicia,co que se pretende achegar á poboación moza de Galicia as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural partindo de conceptos clave como son: a agroecoloxía, a sustentabilidade económica, social e medioambiental, a cooperación e a soberanía alimentaria.
A proposta é coordinar unha serie deobradoiros de sensibilización e formaciónen diferentes concellos das catro provincias galegas sobre a temática mencionada a través dos que achegar á mocidade as oportunidades éticas e socialmente responsables de emprendemento económico que ofrece o noso rural. Convidámosvos a asistir ás presentacións que se van a desenvolver na semana vindeira nas distintas provincias galegas: "O rural cubano e o galego. Como facermos un rural xusto e ecolóxico". Contaremos coa participación deYasmín Martínez Delgado (responsable económica da cooperativa de azucre orgánico UBPC Ricardo González Baliño - Villa Clara, Cuba) que nos contará como o pobo cubano tivo que afrontar a situación do bloqueo coa "arma" da agroecoloxía e como apostar por este modelo, pode aportar éxitos económicos e sociais.
Súper interesante
como se pode facer para participar nos obradoiros? hai que cumprir algún requisito? grazas